venres, 23 de marzo de 2018

MARCOPOLA E JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Hoxe venres gozamos coa visita do escritor e ilustrador Jacobo Fernández. Os libros da serie de Marcopola son dos que máis len os nenos e nenas de 1º de Primaria.



mércores, 21 de marzo de 2018

MURAL PRIMAVERA 2

E xa estamos na primavera. Aínda que son días de chuvia, enchemos o noso mural de flores, follas e sol para ver se nos visita o bo tempo.



martes, 20 de marzo de 2018

XAVIER BLANCO

Esta semana visitamos a aula de catalogación de instrumentos musicais tradicionais galegos, un dos espacios da Escola de Música Tradicional do Concello de Moaña.
Observamos como con materiais tan sinxelos como a cana, a cabaza,etc., se pode construir un instrumento. E incluso poidemos escoitar algunha peza tradicional cantada por Xavier, acompañada con algúns dos instrumentos.



martes, 13 de marzo de 2018

PLANTANDO

Pois aquí nos tedes descubrindo como medra unha planta a partir dunha semente. Primeiro sementamos en testos na aula e cando xa estaba grande a planta levámola ao invernadoiro porque necesitaba máis terra. Estamos ilusionados esperando ter unha boa colleita.



xoves, 1 de marzo de 2018

ANIMACIÓN Á LECTURA

De xeito improvisado decidimos convertirnos en contacontos e puxémonos mans á obra. Fixemos grupos, repartimos tarefas, buscamos algúns soportes e comezamos.







O NIÑO

No mes de febreiro, Daniel trouxo á clase un niño que atoparon na fin de semana. Explicounos a aventura con moito detalle.
Unhas semanas despois, aproveitando que o seu pai estaba a traballar no invernadoiro, pedímoslle que nos axudase a colocalo nunha das árbores do patio.